Substantivo masculino 1.Lingua particular e propia de determinados oficios, especialmente a dos afiadores e paragüeiros, utilizada con finalidade críptica ou esotérica. 2.figurado.Variedade de lingua incomprensible.
Ten a súa orixe nesta terra nosa, concretamente no Concello de Nogueira de Ramuín, en Luintra, onde a dia de hoxe podemos atopar o último obradoiro de rodas de afiar de toda España.
Dende aquí partiron nun inicio os afiadores coas suás ferramentas cargadas ao lombo ou a lombos dun animal.
Alá polo ano 1860 un inglés deixou a súa roda a arranxar neste concello e decidiron facer unha maqueta para poder mellorar as condicións de transporte da roda de afiado, conseguindo que se puidese levar sobre a mesma roda en non ter que cargar co seu peso.
O barallete é un argot que empleaban os afiadores para comunicarse entre eles coa fin de crear unidade no gremio e poder falar con liberdade, tanto de cousas relacionadas co oficio coma temas cotidiáns sen que nadie lles entendera.
Cruzou fronteiras alá onde os afiadores iban en busca dunha nova vida, sendo moitos afiadores os que emigraron a America. Percorrían solitariamente as calles cos seus aparellos e facendo soar o seu chiflo característico a o grito de ¡¡Afiadooor!!
Ampliaron o seu oficio non só a afiar coitelos, senón tamen a reparar paraugas e potas. O que fose necesario para poder aumentar o salario do dia.
O oficio de afiador paragüeiro e a súa lingua é máis que unha forma de comunicarse, é tradición.
Aquí algúns exemplos:
Baixenta: abajo
Barrosa: feria
Barrosanta: gaita
Clara: mañana
Claro: día
Coira: vergüenza
Correncio: año
Feirear: vender
Felar: morir
Fiaña: ropa
Ficar: ganar
Follato: paraguas
Quinea: cabeza
Manxúa: domingo