A Praza do Ferro é un lugar emblemático para os que somos de Ourense, xa que é testemuña de encontros de ocio de grandes e pequenos/as.
Lugar frecuente para quedar para ir o casco vello, xa que é o punto onde remata a rúa Santo Domingo e onde empeza a zona dos “viños”. De paso que esperamos, estamos entretidos falando con calquera coñecido/a que pase por alí, que non suelen ser poucos. No centro atópase unha fermosa fonte, que antes de que se producira a Desamortización de Mendizábal, estaba no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).
Podemos decir sen lugar a equivocarnos que xunto a Ponte Vella e as Burgas, son dos lugares máis visitados de Ourense.