Onde esta a fonte do Xardín do Posío?

O Xardín do Posío, naceu como xardín botánico grazas ao interes dos profesores de Física, Química e Historia Natural do “Instituto de Segunda Enseñanza” (actual Instituto Otero Pedraio) ala polo 1864. Para a súa construción empregáronse 200 tipos de plantas e arbores distintas traídas dende o Xardín Botánico de Madrid.

A fonte da imaxe superior correspondese coa actual que se atopa na parte baixa do Xardin, pero esta non e a orixinal.

A orixinal pertenceu ao Mosteiro de Oseira, ate que, coa desamortización de Mendizabal o mosteiro quedou abandonado. Posteriormente a fonte seria trasladada a Praza Maior de Ourense, e de ahí, ao Xardín do Posío ate que en 1970 foi trasladada a súa actual ubicación que se atopa en… Poderiades dicirnos onde se atopa actualmente a fonte? Ahí queda unha pista en forma de fotografía.

Imaxe da Antiga fonte do Xardin do Posio

Artigos recomendados