Daniel Vázquez é un músico poliedrico, nado ao pe do campus universitario de Ourense, nun fogar onde a música sempre foi un elemento envolvente do entorno familiar. A sensibilidade artistica, neste caso, non é soamente adquirida, senon que con total seguridade unha boa parte da culpa estará no seu código xenético.
A pesar de recibir formación musical dende moi novo, Dani e un músico inquedo que fura a través de estilos que poden parecer antagónicos e que o fan evolucionar e medrar musicalmente nun plano global. Labra o seu propio camiño, que atravesa por un sinuoso paisaxe como o da nosa terra, marcado por unha orografia accidental e contraposta, e que encaixa de forma misteriosamente armónica.
A súa traxectoria arranca como percusionista, pero rapidamente se decata da necesidade de contar as suas propias historias, polo que nace a sua faceta como compositor. Traballa como músico profesional facendo pezas para filmes, documentais, programas de TV e incluso para eventos de moda, a vez que segue prospectando noutros campos como o Hardcore, Rock Progresive ou RAP.
Hoxe a sua actividade musical esta repartida entre The Boston Candy Store, o seu último proxecto de rock progresivo ao caron de Oscar Vazquez, é DAK, o seu alterego ou AKA no que da renda solta as suas inquedanzas rapeiras.
QUE VEN SE VIVE EN OURENSE!! tuvo a sorte de enviarlle unhas preguntas, as que Dani amablemente respostou. Agardamos vos guste o video. Seguiremos de cerca os seus proxectos!!!