Ourense a vista de paxaro (I).

Hai moitos rincons da cidade que permanecen ocultos a nosa vista, xa que non gozamos da prespectiva dun paxaro, afortunadamente, ferramentas como Google Earth posibilitan que podamos botar un ollo como se tivesemos a capacidade de voar, e é enton cando aparecen ao noso caron eses recunchos insospeitados. Na entrega de hoxe:

-“Piscina na azotea“. En pleno centro de Ourense atopamos un edificio que fai esquina entre a rua Manuel Pereira e as escaleiras de acceso a rua Curros Enriquez. O edificio, branco con azulexos marrons oscuros pegados a fachada, non atrae polo seu valor arquitectonico seguramente que a ninguen. Nos baixos do edificio, podemos topar dous locais ben coñecidos por case todos, o Bohio, e baixando as escaleiras, a Adega do Tito, que recentemente mudou de propietarios, pero que segue coa sua actividade. Pero non e nos baixos senon no atico de este edifico onde se agocha un gran segredo: unha pequena pero fermosa piscina que seguramente lle dara aos seus propietarios, moitas tardes alivio ante o bochornoso calor do veran ourensan. Ben seguro, que esta imaxe se convertira na envexa de moitos, entre os integrantes de Quebenseviveenourense.com nos atopamos.

Como se pode ver na imaxe, non faltan as amacas, nin o cespede artificial, tan so quedaria chamar ao Bohio para que nos faga unhos mojitos, e a Adega do Tito para que nos suba un churrasco para disfrutar dunha completa xornada de autentico piscineo urbano.

Artigos recomendados