Caixeiros automaticos nos concellos.

O pasado dia 19 de febreiro, a Xunta de Galicia, facia publica unha nota de prensa na que manifesta o seu compromiso para dotar a todos os galegos de acceso aos servizos financieros no seu mesmo concello. Para elo se instalaran caixeiros automaticos nas casas consistoriales de aqueles concellos nos que non haxa entidades bancarias e que asi o soliciten, a vez que, se prestaran “servizos de asistencia financiera” para aquelas persoas que o soliciten.

Estes servizos de asistencia financiera, consistiran basicamente, na solucion de dubidas, e ensinar a utilizacion da banca electronica.

Para desenvolver estas actuacións, a Consellería de Facenda e Administración Pública vén de abrir un período de información pública para dar a coñecer as bases que rexerán as subvencións destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios no ámbito rural. A elas poderán optar aqueles concellos que voluntariamente se adhiran ao convenio de colaboración asinado entre este departamento e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a universalización de servizos financeiros.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) a 31 de decembro de 2019, un total de 42 concellos galegos –o 13% do total– carecen dunha entidade de crédito. A provincia máis afectada é a de Ourense, onde non teñen servizos financeiros 26 municipios que son os de Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Piñor, Punxín, Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Trasmiras, Taboadela, A Arnoia, Beade, Carballeda de Avia, Cenlle, Cortegada, Melón, A Bola, Pontedeva, Verea, Chandrexa de Queixa, Larouco, Petín, Castrelo do Val, Monterrei e Oímbra.

Artigos recomendados